Loomio

Código ético - Enmenda 25

XD Xan Duro Public Seen by 237

Nº enmenda - 25
Documento - Código Ético
Páxina / liña - 4/119
Tipo de enmenda - Engadido
Persoa que a presenta - Silvia e Cristina Amor

Texto da enmenda
Punto 3.6 Engadir despois de "os dereitos das persoas traballadoras,: DELITOS AMBIENTAIS E POR MALTRATO ANIMAL

Xustificación da enmenda

Entendemos que a enmenda se defende por si mesma, xa que debeu ser un esquecemento. Unha persoa que maltrata un animal non debe ir en ningunha candidatura.

Texto orixinal
3.6. Compromiso de renuncia ou cesamento de forma inmediata de todos os cargos, ante a imputación pola xudicatura de delitos relacionados con corrupción, prevaricación con ánimo de lucro, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno, malversación e apropiación de fondos públicos, ben sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas. Así como tamén en casos de acusación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos contra os DD. HH. ou os dereitos das persoas traballadoras.

MDD

Manuel Dios Diz Mon 2 Mar 2015 7:32AM

Acordo

L

Lourdes Mon 2 Mar 2015 7:29PM

Estoy de acuerdo

JDP

José Díaz Pérez Tue 3 Mar 2015 9:51AM

estou de acordo