Loomio

Codigo ético Enmenda 30 - 31 referidas á mesma liña 129

XD Xan Duro Public Seen by 207

Nº enmenda - 30
Documento - Código Ético
Páxina / liña - 4/129
Tipo de enmenda - Engadido
Persoa que a presenta - Gelu Ramos

Texto da enmenda
Comprometerse a ter en conta a perspetiva de xénero e o principio de igualdade de oportunidades, evitando calquera discriminación na participación por motivos de xénero, idade ou diversidade funcional. Do mesmo xeito comprometerse a facilitar a participación das persoas máis vulnerables establecendo mecanismos de inclusión social para as persoas en risgo de exclusión.
Asumimos o paradigma feminista frente o paradigma patriarcal actual: Un cambio de paradigma político que implique un cambio de mentalidade. A mentalidade patriarcal na súa pasión pola autoridade, o ego, a violencia e a falta de empatía, implica relacións de dominio-sumisión, incluíndo o dominio e destrucción da natureza,  e de paternalismo-dependencia, que interfiren na capacidade de establecer vínculos adultos solidarios e fraternais. Frente a esto o paradigma feminino chama a cooperación, a solidariedade,  o coidado, a ecoloxía,  a empatía, a afectividade, en definitiva: a humanización da sociedade.


Nº enmenda - 31
Documento - Codigo Ético
Páxina / liña - 4/129
Tipo de enmenda - Engadir
Persoa que a presenta - Manolo Dios

Texto da enmenda
Incuír na páxina 4, liña 129, un punto 3.10 que diga: "CA comprométese a incorporar a perspectiva de xénero en tódalas súas iniciativas e actuacións municipais".

Xustificación da enmenda
Parece obvio que si defendemos políticas de igualdade, a perspectiva de xénero faise imprescindible á hora de elaborar propostas, iniciativas e proxectos transformadores desde o Concello.


Texto orixinal
Non hai

MDD

Manuel Dios Diz Mon 2 Mar 2015 7:30AM

Acordo

M

MariadoMarLopes Mon 2 Mar 2015 2:45PM

Sendo muller négome a que se inclúan tales características polo simple feito de selo.

XFN

Xesús Fernández Neira Mon 2 Mar 2015 7:29PM

Peerdón "Lopes"

L

Lourdes Mon 2 Mar 2015 7:31PM

Estoy de acuerdo

GRV

Gelu Ramos Vázquez Tue 3 Mar 2015 9:11AM

Non falo de homes e mulleres, senon de patriarcado e feminismo.

JDP

José Díaz Pérez Tue 3 Mar 2015 9:36AM

Estou de acordo